Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A pontecesá Pilar Rioboo presentou a súa dimisión como asesora da alcaldía

Pilar Rioboo Nunel segunda pola esquerda
Pilar Rioboo Nuñel, segunda pola esquerda, nun acto do PP
A pontecesá Pilar Rioboo presentou a súa dimisión como asesora da alcaldía

Vén de presentar a súa dimisión como asesora da alcaldía a pontecesá Pilar Rioboo Nuñel. Quedara as portas de entrar no grupo de goberno ao ser a número 5 da lista do PP (forman hoxe parte do goberno 4 concelleiros populares), pero o seu gran traballo na sombra duranta dura campaña das pasadas eleccións de maio de 2023 que auparon a José Manuel Mato á alcaldía, provocaron que o partido decidise situala como man de dereita da alcaldía.

Estivo ao longo deste ano traballando no eido da comunicación, e dos eidos de turismo e cultura, organizando numerosos actos como a Festa do Percebe, ou dándolle vida á fermosa na campaña de comercio organizada o ano pasado; ordeando o servizo de socorrismo; colaborando co Museo de Corme…

Con todo, quere saír tal e como entrou do mundo da política, “con discreción”, para volver ao seu traballo, como técnica de Urxencias do 061, e ao seu negocio, o Piruleta, a tenda de chuches do centro da vila pontecesá.

Comentarios