Ponteceso abre o proceso de adquisición dunha vivenda social

14:27 10/08/20
O Concello de Ponteceso vén de abrir o prazo de inscrición para a adxudicación dunha vivenda social, situada no edificio anexo ás escolas, que se corresponde coa antiga vivenda dos mestres.
O prazo para solicitar esta vivenda, que será adxudicada en réxime de aluguer, será dun mes desde o pasado 7 de agosto, data do anuncio da mesma no Boletín Oficial da Provincia, que se levou a cabo.
As bases están na web municipal www.ponteceso.gal.