Ponteceso anda e corre por Ucraína

Tiña lugar este domingo unha andaina solidaria dende Laxe, destinada a axudar aos nenos de Ucraína que foxen da guerra. A activa Asociación Abellariza de Ponteceso organizaba esta andaina para recadar fondos, na que participaron unash 75 persoas, e que serviu para ver as vistas dende o Monte Branco.

A Abellariza, sen tempo a descansar, pensa xa na II Popular Roncudo – Corre por Ucraína.
A cita será este domingo 10 de abril, coa colaboración da Asociación Vidú, o Concello, a Federación Galega de Atletismo e Protección Civil. A proba raíña, de 6,2 km, partirá ás 11.00 horas da Praza da Ribeira para ir ata o Faro Roncudo e volver ó punto inicial.

Unha carreira que provocará cortes de tráfico, como o acceso rodado pola estrada que vai entre o Faro e a praza da Ribeira (Corme Porto). As restricións serán desde ás 10.30 horas ata ás 13.05 horas, aproximadamente. Neste período de tempo só estará permitido o acceso a emerxencias da Autoridade Portuaria. Asemade tamén estará prohibido aparcar na zona de meta, situada polo Paseo Marino.