Ponteceso colleu a bici
09:25 03/08/11
O pasado domingo, 31 de xullo de 2011, a vila de Ponteceso celebrou o Día da Bicicleta. Acudiron á cita máis de trescentas persoas, que percorreron diversos puntos do termo municipal. Os participantes reivindicaron o uso do transporte ecolóxico e saudable, como é o caso da bicicleta.
Vindeira cita
O vindeiro domingo, 7 de agosto, a cita trasladarase a Corme, que celebrará a oitava edición da Ruta Cicloturística. A saída será ás 11:00h da mañá no peirao. Para inscribirse, o prazo comezará unha hora antes de que comece a actividade no lugar de inicio da mesma.
O percorrido levará aos participantes a diversos puntos de interese turístico en Corme, como o Cabo Roncudo, o Porto de Corme, a Pedra da Serpe, Guxín ou Cruce da Barda.
Dende a organización apuntan que haberá agasallos para todos os participantes. Tamén apuntan a obligatoriedade de levar casco. Para obter máis información hai que dirixirse ao Concello de Ponteceso, no teléfono 981 714 000 ou á Oficina Municipal de Corme, no 981 738 428.
Novas relacionadas
- Ponteceso e Corme soben ás dúas rodas.
- O PP de Ponteceso coida que García Carballido só busca titulares na prensa.
- Os socialistas de Ponteceso fan un repaso á situación económica e critican os soldos.
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso, da man de Óscar Manuel Rey Calo.