Mércores. 20.03.2019
El tiempo

Ponteceso comprométese a correxir os topónimos incorrectos na sinalización pública

Ponteceso comprométese a correxir os topónimos incorrectos na sinalización pública
Quedaran sen correxir carteis situados en vias que non son de titulariadade do concello, tal como a que pasa por A Bugalleira Quedarán sen correxir os sinais das vías que non son de titulariadade do concello, tal como a de A Bugalleira O concello de Ponceso vén de notificar o seu compromiso para correxir os nomes de núcleos de poboación rotulados incorrectamente na sinalización pública despois de que A Mesa pola Normalización Lingüística denunciara hai uns meses a permanencia de ducias de sinais por toda a bisbarra con topónimos castelanizados non oficiais. A sección da Mesa acolleu a nova con satisfacción e non dubidou en parabenizar a acción do goberno do concello pontecesán por atender “unha reclamación xusta e necesaria” como parte dun extenso e laborioso traballo que a agrupación comarcal na defensa do galego vén desenvolvendo desde hai tempo na comarca co obxectivo de eliminar as incorreccións e devolver as formas propias aos topónimos na rotulación pública bergantiñá. Deste xeito, lugares como Costa, Brixeria, Briallo, Calle, Anxeles, San Antonio, Pontedona, Rueiro, Casa Novas, Casas do Monte e Gándara recuperarán a súa forma propia e oficial e pasarán a aparecer na sinalización pública como A Costa, A Brixería, O Briallo, A Calle, Os Ánxeles, Santo Antonio, A Pontedona, O Rueiro, As Casas Novas, As Casas do Monte e A Gándara. Vías da Xunta e da Deputación Desde a agrupación comarcal en defensa do idioma agardan que “tamén a Xunta e a Deputación se impliquen decididamente na recuperación das formas propias dos núcleos de poboación” e corrixan os catro topónimos restantes: Ourada - A Ourada -, Couto - O Couto -, Guxin - Guxín - e Bugalleira - A Bugalleira - , situados todos eles en vías da súa titularidade e a quen tamén se dirixirá o goberno de Ponteceso, segundo foi informada a sección da Mesa. O responsábel da Mesa na comarca, Xosé Cotelo, afirmou que “de se cumprir este compromiso, o concello de Ponteceso converteríase no primeiro concello da comarca en ter rotulados todos os seus nomes de núcleos de poboación baixo a súa forma oficial, no referente ás vías de titularidade municipal” e animou os demais concellos da comarca a “dar pasos firmes e decididos na recuperación do uso das formas correctas dos nosos topónimos”. Cotelo declarou que “os gobernos municipais deben de ser os primeiros en respectar e defender os nomes dos lugares do seu propio concello” polo que aplaudiu a decisión adoptada polo concello de Ponteceso para concluír afirmando que “xa é hora de repormos definitivamente os nomes lexítimos dos lugares”.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

  • A Mesa.
Comentarios