sábado. 15.03.2025
El tiempo

Ponteceso e Corme contan xa con 50 contedores marróns para a quinta fracción

  • Os contedores utilizan un sistema de chave.
Colector Marron en Balares
Colector Marron en Balares
Ponteceso e Corme contan xa con 50 contedores marróns para a quinta fracción

O Concello de Ponteceso proceude estes días á instalación de medio cento de contedores marróns con sistema de chave nas zonas urbanas de Ponteceso e Corme. En concreto, a colocación destes 47 elementos fíxose nas contornas do negocios pertencentes ao tecido hostaleiro, centros de ensinanza e nalgúns edificios de vivendas de ambas as zonas.

En paralelo á implantación, xa foron entregadas as chaves coas que os residentes (no caso dos inmobles), responsables dos negocios, colexios e institutos poderán comezar a facer uso destes colectores, destinados a desbotar restos de comida. 

Un xeito, obrigatorio por lei dende 2023 pero que os Concellos van dilatando, de reducir a cantidade de lixo que vai ao vertedoiro dándolles aos veciños e veciñas máis facilidades para transformar os biorresiduos nun recurso útil como o compost. De aí a importancia da colaboración cidadá.

A esta acción hai que sumar a recente adquisición dun camión eléctrico para a recollida de lixo orgánico.

Comentarios