Ponteceso e Corme terán unha fin de semana de Entroido de vertixe


Xa estivemos quentando motores por Buño, por Fisterra e polo Pindo. I é que este #Entroido2015 parece que vén forte na Costa da Morte. Ou alomenos, por Ponteceso, onde a capital municipal e a independiente Corme xa teñen os seus carteis festexeiros.
Festa en Corme

Corme é dos festivais máis auténticos, onde as camisetas van por parroquias. Os grupos tiran de enxeño e montan uns disfraces de primeira, facendo das cuadrillas verdadeiras familias festivas.
A gran festa será o sábado 14 de febreiro cunha sesión vermú de época, coa Orquestra da televisión. Pola tarde, e por suposto baixo carpa, o concurso de disfraces, e pola noite, a partir da medianoite, verbenón.
Ademais, o martes, será o auténtico Baile de disfraces no pavillón de Corme a partir das 17:30h.
Un entroido de desfile en Ponteceso

A tradicional festa do entroido na capital municipal será o domingo 15 de febreiro no Pavillón Municipal. O desfile sairá do recheo a partir das 17:00h para facer o pasarrúas ata o pavillón.
As bases dos concursos xa están publicadas.
Novas relacionadas
- 2015: A Mikaela ponse de curto.
- 2015: Unha gran cea para invitar á Mikaela ao Entroido 2015.
- 2015: Comeza o arrecendo a entroido polo Pindo e Fisterra.
- Entroido 2014: Unha de enterros para o End-troido.
- Entroido 2013: O Entroido costeiro viviu unha completa traca final ca Mikaela.
- Entroido 2012: A Mikaela peregrinou por todas as tabernas de Buño.
- Entroido 2011: A Mikaela, un Vía Crucis de bares.
- A historia de Caietano.
- Laxe 2009: O pobo de Laxe enterra ao Cayetano .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).