Ponteceso forma pequenos e maiores usuarios da rede
10:18 03/12/10
O Concello de Ponteceso si que é un dos que mellor traballar para facer máis pequena a fenda dixital entre os nativos e os inmigrantes dixitais. Estes meses estanse desenvolvendo clases de iniciación a internet para maiores, pero tamén para cativos.
Nas aulas de Corme e Ponteceso para maiores, participan 40 alumnos e alumnas, que reciben formación inicial sobre internet: Navegación en páxinas web, redes sociais, correo electrónico, etc.
Ademais, no curso de informática didáctica para nenos de 4 a 6 anos participan uns 50 nenos de Corme e de Ponteceso, que reciben formación inicial sobre o manexo dun PC, e tamén formación adecuada a súa idade, a través do ordenador e sistemas multimedia.
Novas relacionadas
- Remata o importante programa de Alfabetización Dixital de Ponteceso.
- Vimianzo tamén traballa pola alfabetización dixital con cursos de informática para maiores .
- Laxe traballa pola alfabetización dixital.
- A escola sen libros.
- Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra .
- A vangarda das Novas Tecnoloxías de Galicía xuntouse na Costa da Morte.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia .
- Ciencia e Tecnoloxías, con Mario Rodríguez: Galiza tamén a vangarda das novas tecnoloxías.
- Ciencia e Tecnoloxía, con Mario Rodríguez Gómez: A privacidade nas redes sociais:.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Ponteceso, da man de Oscar Rey.