Venres. 29.03.2024
El tiempo

Ponteceso homenaxeou ás súas Corais

Homenaxe as corais en Ponteceso
Ponteceso homenaxeou ás súas Corais

Este pasado sábado tivo lugar no Edificio das Escolas de Ponteceso, un concerto de panxoliñas que servía de homenaxe ás corais do municipio. En condicións normais, no lugar do concerto celebraríase a XXIV edición do Certame de Corais de Ponteceso, pero este ano tocou un evento algo máis pequeno, e por streaming.

Si que puideron acodir ao evento varios membros de cada unha das corais homenaxeadas (Coral Polifónica San Salvador de Pazos, Coral Polifónica Santa Mariña de Ponteceso, Coral Polifónica Brisas do Mar de Corme, Coral Polifónica A Oliveira do Monte Branco e Coral Polifónica San Eleuterio de Tella), agás a Coral Polifónica San Xoán de Xornes, que non puido.

Homenaxe as corais en Ponteceso 2

O espectáculo correu a cargo do grupo Iulius XIII, que durante case unha hora fixo soar sendas panxoliñas de diferentes etapas históricas e, algunha, mesmo requiriu a participación do público. Os membros das corais non pararon de aplaudir nin un segundo e, ao final da actuación ata se puxeron de pé. Na casa distrouse así:

Comentarios