Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Ponteceso lanza a primeira edición do concurso "Ponte en fotos"

portada concurso
portada concurso
Ponteceso lanza a primeira edición do concurso "Ponte en fotos"

A primeira edición do concurso de fotografía “Ponte en fotos” ve a luz da man do Concello de Ponteceso. O certame nace para dar a coñecer os aspectos paisaxísticos, arqueolóxicos e da vida cotiá da localidade.

Neste concurso poderá participar calquera persoa (afeccionada ou profesional da fotografía) que o desexe, tanto maiores de idade como menores, sempre que estes conten con autorización do seu titor/a legal. O requisito fundamental que deberán cumprir todas as imaxes será estar tomadas nalgún lugar de Ponteceso.

Á hora de presentar as imaxes, estas deberán cumprir unha serie de condicións. Deberanse entregar 3 fotografías por persoa, con temática paisaxística, arqueolóxica, da vida cotiá ou libre. Deberase indicar a data das fotos, e estas deberán ser actuais, tomadas ao longo do 2020. Poderán ser en branco e negro ou en cor, pero non se admitirán fotografías con retoque dixital, con marcas de auga ou con borde ou marco dixital. Ademais, deberase acreditar a autoría das imaxes e estas poderán ser do mesmo lugar de Ponteceso ou de lugares distintos dentro do municipio.

Para poder participar, é tan fácil como subir as súas imaxes a Instagram, mencionando a conta do concello (@concelloponteceso) e o hashtag #PonteEnFotos. Ademais, as fotografías deberanse entregar en formato .jpg e coa máxima resolución posible nunha carpeta que inclúa tamén o formulario de inscrición a través de WeTransfer ao correo [email protected]

O prazo de participación xa está aberto e rematará o día 14 de agosto. O concurso contará con dous premios: o premio do xurado profesional, que será designado no seu momento polo Concello, e o premio do público, que se concederá á foto que máis me gusta teña. Cada un dos gañadores obterá unha cea para dúas persoas no restaurante Miramar, con validez para 3 meses de luns a venres. As dúas fotografías gañadoras comunicaranse o día 21 de agosto.

Cartel concurso ponteeso ponte en fotos

comentarios