Ponteceso, primeiro concello costeiro entra no proceso Pioneiros para conseguir o .gal
Xa falamos da chegada, por fin, dun dominio .gal. Un traballo que está protagonizando o mazaricán Manuel González, como presidente da Asociación puntoGAL, e que nos permitirá entre este ano e o que vén ter páxinas web con apelido senporsen galego.
Os primeiros en conseguir estes dominios será as administracións, que entrarán no programa Pioneiros. E aí, o primeiro concello costeiro que quere estar é o Concello de Ponteceso, que ademais de apoiar o dominio .gal, acaba de presentar a súa candidatura a formar parte do programa Pioneiros con www.ponteceso.gal. Pode que a finais de ano xa poidamos entrar nesta web.
Un xeito de fomentar a presencia do galego na rede, na liña do que fai QPC e a Asociación de Medios en Galego.
QPC, por suposto, tamén terá o seu dominio .gal.
Novas relacionadas
- Por fin un dominio e un dicionario de sinónimos en galego.
- A Asociación de Medios en Galego denuncia o tratamento xornalístico do caso Asunta.
- Como cho digo: Polo Galego nos Medios de Comunicación.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).