Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Ponteceso e Vimianzo acollen os cursos de defensa persoal da Deputación

Defensa Persoal Feminina
Ponteceso e Vimianzo acollen os cursos de defensa persoal da Deputación

A Deputación da Coruña organiza unha nova edición dos cursos de defensa persoal feminina, que se celebrarán en oito concellos da provincia desde febreiro ata xuño, entre eles os de Ponteceso e Vimianzo.

En Vimianzo desenvolverase o 22 de abril, e en Ponteceso o 20 de maio.

Os cursos, que son de balde, están dirixidos a persoas de 14 a 65 anos empadroadas en calquera concello da provincia da Coruña. Durante as clases poderán aprender técnicas de autodefensa e protocolos de actuación no ámbito da defensa persoal, ademais de incrementar o autocontrol en situacións de estrés. Os seminarios celebraranse os sábados en horario de mañá, de 10 a 14 horas.

O número de prazas delimitado para cada unha das edicións é de 75 persoas.

Comentarios