Porse no lugar para descubrir, empatizar e dar normalidade á discapacidade


Menuda actividade máis fantástica a que propón o Proxecto Enki polos centros de ensino. Un xeito inmellorable de normalizar a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional a traves do ocio e do deporte, ao máis puro estilo Íntegro. Esta rapazada, sen lugar a dúbidas, vai ver a diversidade dende outra perspectiva que aqueles que crecimos sen coñecela de preto.
Dende a ANPA CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso queren contarnos como o Proxecto Enki serviu, o pasado martes, para que os alumnos e alumnas coñecesen e preguntasen aos protagonistas as súas historias de superación. Pero sobre todo unha xornada na que os nenos/as poideron descubrir por si mesmos o que é unha handbike, o tenis en cadeira de rodas, o fútbol cego, etc. Que mellor para descubrir, empatizar e dar normalidade á discapacidade que poñerse no seu lugar.



Novas relacionadas
- Mil parabéns para o Inclusivo Camiño Sen Límites.
- Íntegro normaliza a diversidade nas escolas.
- A Costa da Morte, referente educativo na diversidade.
- As entidades sociais amosan os éxitos da inclusión costeira.
- A inclusión defintiva a través do fútbol.
Fonte
ANPA CEIP Eduardo Pondal.