Xoves. 25.04.2024
El tiempo

PP e APIN únense para pedir a dimisión do alcalde de Ponteceso pola crise da auga

A AVV pon en mans dun buffete de avogados a situación tras reunirse con Sanidade e ante o mutismo do Concello

Pose Verdes de APIN coa concelleira do PP de Ponteceso Marta Carrillo
Pose Verdes de APIN coa concelleira do PP de Ponteceso Marta Carrillo
PP e APIN únense para pedir a dimisión do alcalde de Ponteceso pola crise da auga

Tralas voraces críticas de veciñ@s e sindicatos, os grupos da oposición moven ficha ante unha crise da auga que parece non solucionarse. A empresa concesionaria, Espina y Delfín, segue a realizar diferentes obras, pero a recomendación de non beber nin manipular alimentos coa auga de traída segue activada.

Así llo confirmaba a pasada mañá de martes a Consellería de Sanidade aos representantes da Asociación de Veciños de Corme nunha reunión. A administración asegura que activou o protocolo de alerta epidemiolóxica xa o mesmo domingo 22, que tomou as mostras o día 23 pero que os resultados non puideron saír ata o 27, confirmando a existencia de noroviruse outros axentes contaminantes.

A versión da Delegada de Sanidade, e a falta de información directa por parte do Concello, obriga aos veciños a “poñer o asunto en mans de un buttet de abogados Fernández Saavedra”, para facer as reclamacións pertinentes, ao tempo que “esiximos ao concello que dea explicacións aos veciños” sobre a analítica que a concesionaria, a través do Concello, facía pública o día 25 sinalando que a auga non tiña problemas.

Piden Dimisión e Fiscalía

Precisamente esa “mentira” é a argumentan APIN e PP no documento que presentaron esta mañá de mércores 2 de outubro no rexistro do Concello, para pedir unha sesión extraordinaria especial na que o alcalde dea explicación sobre a crise. Explicacións que non deu no pasado pleno do luns ás preguntas dos populares.

”O último que soubemos é que podería deberse a que a auga da traída estaba enganchada ao tanque de tormentas das residuales. De ser así estariamos ante un neglizencia moi grave por parte do alcalde”, di o voceiro do PP Daniel Froxán, que asegura que pedirá a dimisión do alcalde, e de confirmarse esta situación pedirá a intervención da Fiscalía.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios