Mércores. 14.04.2021
El tiempo

O PP denuncia ao alcalde pola intoxicación da auga en Corme

Daniel Garcia Cotelo
Daniel García Cotelo
O PP denuncia ao alcalde pola intoxicación da auga en Corme

Foi en setembro de 2019, pero ano e medio despois seguen sen depurarse as responsabilidades, a pesar das graves causas que provocaron aquela crise da auga que sacou á rúa a centos de veciños de Corme.

Pois esta fin de semana o Partido Popular de Ponteceso presentou ante a Fiscalía unha denuncia para solicitar que se investigue aquela intoxicación masiva, que obrigou a suspender do fornezo de auga e ao reparto de bebida embotellada para consumo.

O portavoz popular, Daniel García Cotelo, recorda que os informes realizados pola Consellería de Medio Ambiente, e o Seprona, “indicaban que a causa da incidencia estivo nunha actuación inadecuada por parte dunha empresa contratada de forma unilateral polo alcalde, xa que traballaba fundamentalmente en obras de fontanería en vivendas e edificios particulares e carecía de cualificación necesaria para intervir en obras públicas”.

Segundo o escrito presentado na Fiscalía, “a causa da intoxicación dos veciños de Corme debeuse a unha incorrecta manipulación no tanque de tormentas”, obra que realizou esa empresa contratada “por motivos particulares do alcalde, baixo o pretexto de lograr así un abaratamento do contrato en relación co que viña mantendo a empresa especializada”.

”Cremos que foi un feito moi grave, constitutivo de delito contra os recursos naturais e o medio ambiente”, sinala García Cotelo, que considera que “xa esperamos demasiado tempo para escoitar as explicacións do alcalde”.

NOVAS DA CRISE DA AUGA EN CORME

comentarios