Presentada a Semana Cultural da Nosa Señora do Faro de Brantuas-Niñóns

Este domingo, a Asociación Cultural Nosa Señora do Faro de Brantuas-Niñóns facía a presentación na Casa dos Veciños da súa Semana Cultural. Dende este mércores 31 de agosto ata o mércores 7 de setembro non parará de haber actividades na vilas pontecesás.
O mércores 31 de agosto, despois da misa das 20:00h, actuación de Sua Cerca.
O xoves 1 continúa con Novena e concerto do grupo Arrancadeira, con pinchos e café para todos.
O venres 2 será Raigañas o que poña a tradición.
O sábado 3 hai andaina, e actividades deportivas durante todo o día, así como a actuación, despois da mis das 20:00h, da Vella Tuna da Coruña.
O domingo 4, ás 12:00h presentarase o Libro Histórico, sobre os xastres do pobo. Ás 13:00h, gran xatar e actuación da escola de Música da Laracha.
O luns 5 estréase a exposición de fotos e vídeos antigos.
O martes 6, o grupo Xa era Hora porá a música.
E o mércores 7, peche coa actuación cos acordeoóns de Jesús Couto.