Na procura dos “ceos limpos”
Interesante, sempre, a reflexión realizada este pasado venres 16 de agosto no Museo de Arte Contemporánea MACCMO da Costa da Morte. A Asociación Insua de Viastela artellaba a III Xornada sobre Contaminación Luminosa, cunha acollida tan positiva como a dos pasados anos.
A sesión comezaba co visionado do documental “Noites do Norte, Ceos estrelados”. A partir de aí, xunto con Martín Pawly, da Agrupación Ío, e Fins Eirexas, de ADEGA, comezaba a conversa sobre a loita polos “ceos limpos”.
Centrou boa parte do debate a nova lei sobre o regulamento de recuperación da natureza, con plans moi ambiciosos década a década ata o 2060 que intentará restaurar os 90% dos espazos degradados. Entenden o plan como unha oportunidade para Galicia, e consideran que os gobernos locais, provinciais e autonómicos teñen que comezar a moverse para conseguir acceder a eses fondos europeos.
Porque bo interese destas sesións é involucrar aos políticos nesta batalla, deixando claro que ”alumear máis non é alumear mellor”, como levan anos repetindo. Pero a pesar de estarmos a nivel comarcal na carreira polo posicionamento como Destino Starlight, non houbo moito interese por parte do tecido político nin empresarial. Precisamente os poñentes lamentar o interese “comercial e propagandístico” do que entenden os especialistas como “chiringuito turístico”, preguntándose por que non se actúa nos Concellos adheridos con accións concretas de control de luminosidade.
Nese sentido, deixaron claro que todos podemos facer cousas para mellorar o noso ceo, e debullaron a carta emitida dende a Asociación a Portos de Galicia para que modificaran as luces do porto de Corme, que estaban mal enfocadas e se entrometían nas casas. Portos, ao que a entidade invita a facelo en todos os Portos, modificou algunhas das farolas mellorando así a luminosidade a gañando en eficiencia.
Edicións anteriores
Máis novas
-
Os técnicos dos Concellos preocúpanse, por fin, pola contaminación luminosa
-
2021: Gran éxito das exposicións de barcos antigos e de contaminación luminosa por Corme