Protección Civil de Ponteceso pide axuda á Xunta para acabar con situación de ingobernabilidade
A Xunta Directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteceso reuniuse esta semana coa Secretaria Territorial da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, Patricia Rodríguez Franco e co Xefe do Servizo de Emerxencias provincial da Xunta de Galicia, Victor M. Vázquez Pérez co fin de solucionar a delicada situación na que se atopa a agrupación de Ponteceso.
Modesto Parga e Faustino Santiago Lema explican así a reacción dos responsables da Xunta. ”Dende o ente autonómico non dan crédito a maneira de actuar do alcalde ante feitos coma o de excluir da vacinación pese a ser persoal esencial a certos voluntarios sen explicación algunha e enviando a outras persoas que non eran voluntarios, a orde de retirada dos vehículos da agrupación a xunta directiva para mantelos na base operativa pero que contrariamente se atopan en vivendas privadas, o intento de realizar un golpe de estado contra a directiva e poñer a dedo a xente que nin está dada de alta coma voluntario ou dispoñer a voluntarios para traballos que nada teñen que ver coa Protección Civil, sendo usados so para o interese persoal”.
Finalmente, acadaron o firme compromiso de empregar todos os medios necesarios para dar fin a esta situación o máis axiña posible para que a Agrupación de Protección Civil de Ponteceso poda volver a dar un servizo digno a todos os veciños de Ponteceso.
Novas relacionadas
- Xuño 21: Protección Civil de Ponteceso denuncia que o alcalde intenta controlar a Agrupación con accións irregulares.
- 15-02-21: O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”.
- Decembro 2020: Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”.