Luns. 14.06.2021
El tiempo

Protección Civil de Ponteceso denuncia que o alcalde intenta controlar a Agrupación con accións irregulares

Proteccion Civil de Ponteceso
Protección Civil de Ponteceso denuncia que o alcalde intenta controlar a Agrupación con accións irregulares

Continúa a vida política municipal salpicando colectivos que non debería. Pero en Ponteceso, o circo político invádeo todo. Xa non é a primeira vez que acontece, e xa hai 6 meses os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso denunciaban “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”, Lois Carballido.

Hoxe vólveno facer, ante o que entenden que pode ser unha manobra do alcalde por convocar unhas eleccións irregulares, unha vez que a actual directiva está no medio da súa lexislatura, ou mesmo “para botar fóra aos voluntarios que non son agúns a el”!.

A situación que denuncian onde dende a Directiva da AVPC de Ponteceso é un tanto esperpéntica. Varios membros da Directiva enteiráronse de que “algúns” voluntarios foron convocados polo alcalde, algúns por carta e outros por whastapp, dunha suposta reunión. Unha invitación que non chegou aos membros da directiva que sinalba na orde do día: “Acordos que procedan”.

A Directiva lamenta esta acción do alcalde que “vulnera os dereitos de información e participación que nos asisten a todos os voluntarios”, pero así e todo acodiron á chamada e asistiron á reunión.

Maior sorpresa foi cando non apareceu ninguén… Non foi ata o día seguinte cando a Directiva recibia unha notificación conforme a reunión se tivera anulado…

Novas relacionadas

comentarios