Mércores. 27.01.2021
El tiempo

Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”

Os voluntarios aseguran que hai situacións estremecedoras de veciñanza en situación tremendamente comprometida que non pode recibir axuda municipal
O alcalde retirou algún dos vehículos de Protección Civil
O alcalde retirou algún dos vehículos de Protección Civil
Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”

Volve sumarse á crise gubernamental do Concello de Ponteceso a xunta directiva da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, denuncuando as ”decisións unilaterais e vingativas por parte do alcalde”.

Explican que xa pasou máis dun mes, se resposta, da solicitude presentada para que o alcalde aclarase “como proceder a hora de ter que intervir nunha emerxencia ou en operativos programados despois de que nos retirase os vehículos de emerxencias dos que dispoñíamos coa excusa de que era por razóns dun plan de aforro e que estarían dispoñibles na base de protección civil, situada no polígono industrial de Tella”. Pero a realidade é que ese vehículo (un Volswagen Amarok) está nun domicilio particular.

Os voluntarios lamentan non poder atender algunhas chamadas que lles estremecen. Puxeron o exemplo da chamada “dunha persoa de más de 90 anos de idade, que vive soa e confinada por positivo en COVID-19, que solicitou axuda o concello para que se lle fose levar medicamentos e alimentos e recibiu resposta de que se arranxara como pudese que non podían facer nada”. Ou a “dun matrimonio positivo en COVID-19 vivindo nun edificio no cal os veciños chamaban o concello para que se lle retirase a lixo xa que estes tiñan medo de contaxiarse por falta de medios, recibindo resposta do concello de que eles non podía facer nada, que era cousa da comunidade”.

Estes son “só dous dos moitos casos que se están dar no noso concello”, asegura dende Protección Civil, dende onde din que seguen “recibindo avisos por parte do 112 os cales non podemos atender por falta de medios”.

Mentres, a Agrupación denuncia que o alcalde si que utiliza os voluntarios para outras actividades, como obras de teatro, seleccións de persoal ou a recollida de animais abandonados, “operativos que non gardab relación algunha ca grave situación da pandemia”.

A Xunta Directiva, que aínda ten 2 anos de lexislatura por diante, volve solicitarlle que informe sobre os protocolos en caso de emerxencia ou dun operativo programado”, e avisan que darán traslado á Xunta de Galicia.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

comentarios