Martes. 11.05.2021
El tiempo

O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”

GES de Ponteceso-Foto-Juanma Trillo
Foto-Juanma Trillo
O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”

Primeiras consecuencias do audio publicado onte no que o alcalde de Ponteceso se refire ao GES como “lorcháns total”.

Os profesionais do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de Ponteceso rompen anos de silencio para expresar a súa opinión sobre uns “audios por parte do alcalde que deixan moito que desexar”.

”Os GES foron creados en toda Galicia para cubrir zonas de “sombra” en todo o territorio en materia de emerxencias. O servizo esta subvencionado en case a totalidade por varias administracións tendo para o concello un coste practicamente nulo. Preguntámonos se é lóxico que a seguridade de cinco concellos da comarca de Bergantiños dependan da mala xestión dun”, explican en clave comarcal.

Lembran tamén que “este servizo esta aquí para cubrir un dereito básico para a cidadanía de toda a comarca, tendo en conta que de non existir o GES a resposta do parque de bombeiros de referencia sería dun tempo superior a 35 minutos, sempre e cando non estivesen noutra intervención”.

Deixan claro que ”en ningún momento nos adicamos a facer política, non nos pertence, estamos aquí para dar un servizo os veciños de toda a comarca dentro das nosas posibilidades cos medios dos que dispoñemos”.

E aí sinalan que “os medios se ven mermados polos constantes problemas co alcalde. Nada nos sorprende deste alcalde cando a súa relación con nós dista moito de ser amigable, chea de peticións sen sentido que nada teñen que ver cas emerxencias e só por interese persoal, presións e promesas incumpridas.
A falta de persoal, os problemas mecánicos dos vehículos ou o mal estado da base son só algúns dos problemas que vimos denunciando sen recibir solución, a pesar dos requirimentos recibidos unha e outra vez por parte de Inspección de Traballo.
A inversión en material de emerxencias, vehículos e instalacións foi nula por parte deste concello chegando a perder axudas que poderían ser destinadas a este servizo. Como exemplo, recibimos no 2019 unha moto de auga de salvamento por parte da Xunta a cal a dia de hoxe segue gardada sen estrear, sen seguro, sen formación e nin tan se queira se lle fixo a posta a punto”, denuncian.

Por todo isto, “nós só esiximos que se cumpran os mínimos para poder dar un servizo en condicións e que se invista no benestar de todos os veciños da comarca”.

Pero tamén deixan unha mensaxe directa: “palabras referidas a nós por parte do alcalde como que somos un “estorbo” ou que somos uns “lorcháns” non merecen nin tan sequera comentario algún xa que el mesmo se pon e evidencia. Tan só diremos que ese “señor” non nos representa”.

Novas relacionadas

comentarios