martes. 12.11.2024
El tiempo

Rafael Lema presenta en Ponteceso o seu libro "Costa da Morte. Crónica Marítima"

Rafael Lema presenta en Ponteceso o seu libro "Costa da Morte. Crónica Marítima"
O próximo sábado, día 4, a fundación Eduardo Pondal de Ponteceso acolle a presentación do libro "Costa da Morte, crónica marítima" de Rafael Lema. O acto, que comeza ás 17 horas, está organizado polo GALP Grupo de Acción Local do sector pesqueiro e a fundación pontecesá. Os asistentes recibirán un exemplar da obra editada polo GALP. O libro, de 371 páxinas con 135 fotografías, recolle crónicas da historia do comercio marítimo da cara occidental da costa coruñesa e a influencia do mar na actividade socioeconómica na zona que discorre entre Caión e Fisterra. "O obxectivo deste libro é descubrir e divulgar o pasado da Costa da Morte na súa vinculación co mar da vida e do comercio, nunha serie de crónicas mariñas que nos achegan aos primeiros datos coñecidos das nosas vilas, ao periodo medieval, á idade Moderna e ao tránsito do Antigo Réxime á sociedade contemporánea, pechando o estudo na primeira metade do século pasado", sinala o autor Rafael Lema. Novas relacionadas Fonte

Comentarios