Venres. 18.06.2021
El tiempo

As redes de pesca de Corme serven tamén para crear material deportivo

 

210531 AVM PROXECTO ECOBALLUTION 1
As redes de pesca de Corme serven tamén para crear material deportivo

A reciclaxe en todas as súas concepcións, é parte do éxito das percebeiras de Corme. A súa reconversión parcial na artesanía é todo un exemplo de emprendemento do sector mariñeiro en toda Galicia. A falta de relevo xeracional segue a ser un problema, pero estas novas vertentes crean un foco de esperanza para que asegurar o futuro da profesión de redeira.

Así o comprobaron hoxe unha completa expedición da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que escolleu Corme para arrincar os actos arredor da Semana do Medio Ambiente coñecendo esta proposta innovadora. Trátase dunha idea baseada na economía circular e impulsada polo xogador galego de baloncesto Carlos Martínez (a través da marca EcoBallution), que permite fabricar canastras de calidade a partir de aparellos pesqueiros recuperados pola Asociación de Redeiras Illa da Estrela. As bravas redeiras aproveitan os refugallos das redes que xa non poden volver ao mar para convertilas material deportivo reciclado, como estas redes de canastas.

210531 AVM PROXECTO ECOBALLUTION 5

NOVAS DAS REDEIRAS

comentarios