Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O rexurdimento de Ponteceso, para facer Galicia dende Galicia

  • Ponteceso Cultura Permanente e embaixada.gal lanzan un concurso de debuxo coa ponte como protagonista.
Ponteceso Vila de Pondal
O rexurdimento de Ponteceso, para facer Galicia dende Galicia

O colectivo Ponteceso Cultura Permanente pretende facer rexurdir e reforzar o nome de Ponteceso como maquinaria e referente cultural. O fin é o lecer activo, a consolidación, e poñer freo á marcha das persoas que, amando a súa terra, teñen que saír a outras xeografías: facer Galicia desde Galicia.

Os recursos de Ponteceso, o seu patrimonio ambiental, o seu persoal, etc., son únicos e válidos para que teñan existencia e perdurabilidade no tempo sen ter que perder habitantes, aldeas e sinos de identidade. Ponteceso ten un referente cultural e é necesario poñer no seu lugar á figura de quen emociona desde Ourense, Lugo, Pontevedra ou A Coruña: o himno de Galicia ten a raíz no noso pobo de maneira incontestable, de aquí é Eduardo Pondal, o bardo, que de por si e na súa relevancia daría a calquera pobo ou cidade unha importancia que sería motor suficiente para consolidar o lugar que o viu nacer.

E non debemos esquecer a figura do seu irmán, Cesáreo. Por el Ponteceso existe, pois foi un tolo imaxinario de construír unha gran vila: Ponteceso. Temos que conseguir que as persoas de Galicia e de fóra de Galicia sitúen a nosa xeografía e o lugar de nacemento do bardo máis universal: Eduardo Pondal.

Por iso naceu PCP e por iso PCP vai estar á beira de quen apoie a Cultura e o noso proxecto, de quen acepte a nosa colaboración e asuma o lema integrador para nomear un pobo: Ponteceso Cultura Permanente.

Como adianto ao próximo ano, dous acontecementos importantes: PCP está en xestións, xa bastante avanzadas, coa Fundación de Interese Galego Orde do Camiño de Santiago, unha colaboración que permitirá afianzar Ponteceso no fenómeno Xacobeo e o que representa. O outro ten que ver con que Ponteceso teña voz en toda a xeografía.

Concurso de debuxo: "Ponteceso no Camiño"

Precisamente onte o colectivo, xunto con embaixada.gal, presentaban as bases do concurso de debuxo "Ponteceso co Camiño". Cada autor poderá concursar con dúas obras de debuxo, orixinais e inéditas, sobre a ponte de Ponteceso (vila berce de Eduardo Pondal, poeta autor da letra do himno de Galicia), o Camiño de Santiago e, por extensión, todo o relativo ao apóstolo Santiago e ao seu culto.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o 1 de febreiro de 2021 e finaliza o 15 de marzo de 2021, ás 00.00 h.
As persoas participantes formalizarán a inscripción enviando un correo electrónico a [email protected], indicando o seu nome, dirección postal e correo electrónico. Na solicitude deberán indicar tamén lema das obras (título, técnica e medidas).

 O debuxo premiado pasará a formar parte, ademais, de próximos proxectos culturais de Ponteceso Cultura Permanente e de embaixada.gal, que se encargarán da súa difusión.
A comisión estará formada por Ginés Liébana Velasco, pintor; Anxo da Cruz Branco, cineasta; Borja Buces Renard, pintor; Xaquín Bieito Marín Formoso, debuxante e ilustrador; Xesús Palmou Lorenzo ou persoa que o substitúa, da Academia Xacobea; Xosé Manuel Merelles Remy, de Axencia Turismo de Galicia; e Concha Blanco ou persoa que a substitúa, da Fundación Eduardo Pondal.


 

Comentarios