Os sábados de novembro en Ponteceso son de teatro

Mentres poñen as fabas a remollo, por Ponteceso xa pensa no XXXI Ciclo de Teatro de Ponteceso. Un programa que trae á vila de Pondal un mes de cultura e reflexión nos escenarios, coa participación de finco compañías teatrais encherán a o Edificio das Escolas de cultura durante todos os sábados de novembro ás 22:00 horas.
As entradas para cada unha das funcións deste ciclo apoiado pola Deputación estarán dispoñibles para a súa reserva no Departamento de Cultura durante a semana previa a cada obra. As persoas interesadas tamén poderán facer a súa reserva chamando ao teléfono 630 907 124.
A programación arrincará o vindeiro 2 de novembro coa obra ‘Unha inimiga do pobo’ a cargo da compañía Talía Teatro. Esta representación, unha adaptación da coñecida obra de Henrik Ibsen, propón unha reflexión crítica sobre a corrupción, a responsabilidade social e os conflitos entre o poder e a cidadanía.
O 9 de novembro será a quenda de Redrum Teatro coa obra ‘O pequeno poni’. Trátase dunha emotiva historia que aborda temas
como o acoso escolar e a exclusión social a través dos ollos dun neno e a súa familia, brindando unha perspectiva honesta e conmovedora sobre a infancia e a súa vulnerabilidade.
O 16 de novembro, Talía Teatro regresará a Ponteceso cunha nova proposta: ‘Desexo’. Esta peza explora as complexidades das relacións persoais e as tensións emocionais que poden emerxer no seo das familias, co habitual coidado interpretativo e posta en escena desta veterana compañía galega.
Cara ao final de mes, o 23 de novembro, a compañía Mala Sombra subirá ao escenario con ‘Testosterona’, unha comedia que afonda nas diferenzas entre homes e mulleres e os estereotipos de xénero, cun enfoque humorístico e crítico que convida ao público a rirse de si mesmo mentres reflexiona sobre cuestións de igualdade e roles sociais.
Por último, o 30 de novembro, Leti da Taberna pechará o ciclo coa obra ‘Enredadas’, unha divertida comedia coral onde as vidas de varias mulleres entrecrúzanse a través de situacións cómicas e enredos inesperados, ofrecendo unha reflexión sobre a amizade, o amor e as relacións no mundo contemporáneo.