Semana de conmemoración no confín do Outono Pondaliano

08:20 13/12/11
Segue en marcha o Outono Pondaliano da Fundación Eduardo Pondal. Esta semana do 13 ó 22 de decembro de 2011 terá 3 conmemoracións, como son o Centenario de nacemento de Álvaro Cunqueiro, o XXX° aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicia e o propio III° aniversario da Fundación Eduardo Pondal.
Programa

Martes 13 de decembro:
- XXX° aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicial. No patio da casa de Eduardo Pondal. Ás 12.00 horas. Alfonso Rueda Valenzuela (conselleiro de Presidencia e Administracións Públicas) e José Luís Fondo Aguiar (alcalde de Ponteceso), “Intervención institucional”. Escolares de Ponteceso, “Interpretación do Himno galego e ofrenda floral”.
- III° aniversario da Fundación Eduardo Pondal. Na Fundación Eduardo Pondal. Ás 18.30 horas. Proxección audiovisual das actividades realizadas ó longo de 2011. Degustacións de aniversario elaboradas por Xoán Xesús Mato Bermúdez do restaurante Artabria e Manuel Xulián Saleta Fernández da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro.
Mércores 14 de decembro:
- Presentación e agasallo da unidade didáctica Merlín para o profesorado elaborada por Lucho Penabade. No colexios do concello de Ponteceso. En horario lectivo.
- Diana Varela Puñal e Xulio Valcárcel, “Presentación do libro de poesía infantil dixital As trovas de Midas (Galebook) e obradoiro de poesía”. No CRA Nosa Señora do Faro de Ponteceso. En horario lectivo.
Sábado 17 de decembro:
- Rafael Lema Mouzo, “Cova céltica Os vapores cormeños”.. Na lareira da Fundación Eduardo Pondal. Ás 17.30 horas.
- Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro No salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Ás 12.45 horas. Tamara Lema e Esteban Rey, “Escenificación do conto de Álvaro Cunqueiro: Felpeto”.
- Lectura cívica de textos cunqueiráns. Alba Costa, “Interpretación musical do texto de Álvareo Cunqueiro ‘Teus ollos’”.
- Coral A Oliveira de Monte Branco (dirixida por Teresa Facal), “Estrea da canción ‘Quen poidera namorala’ de Álvaro Cunqueiro (partitura cedida polo grupo Milladoiro nas FestiLetras 2011)”
- Agasallo do libro O mellor de Cunqueiro por xentileza de La Voz de Galicia.
- Os Quinquilláns, “Representación teatral da obra Merlín para alumnado do CEIP As Forcadas de Corme e CRA Nosa Señora do Faro”. No salón de actos da Casa dos Veciños. Ás 11.00 horas.
- Os Quinquilláns, “Representación teatral da obra Merlín para alumnado do CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso”. Ás 15.30 horas.
- César Morán Fraga, “Conversa e animación musical arredor da figura do escritor Álvaro Cunqueiro con escolares de 2° de Bacharelato do IES de Ponteceso”. No salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Ás 16.30 horas.
- XXX° aniversario da oficialidade dos símbolos de Galicia. No salón de actos da Fundación Eduardo Pondal. Ás 12.00 horas.
Xesús Rábade Paredes, “Conferencia Os símbolos de Galicia para alumnado de 3° de ESO do IES de Ponteceso”. Coa presenza institucional da Fundación Rosalía de Castro a través da súa presidenta Helena Villar Janeiro. - Visita guiada gratuíta ó Parlamento de Galicia. No Parlamento de Galicia. Saída 09.00 horas. Chegada 14.00 horas.
- Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Na vila natal (Mondoñedo) de Álvaro Cunqueiro. Saída ás 7.00 horas do aparcadoiro do pombal da reitoral. Luís Giadás, José Manuel Varela Suárez e Mónica Barreiro, “Visita guiada a Mondoñedo para público adulto con asistencia á tradicional feira do xoves desta vila lucense”.
- Ponteceso prepara un Nadal contra o cambio climático.
- As curtas da mocidade da Costa da Morte contra a violencia de xénero.
- A Pondal encantánlle as mazás.
- A Fundación Eduardo Pondal efectúa o seu ingreso definitivo na ACAMFE.
- Nota de prensa da Fundación Eduardo Pondal.
Domingo 18 de decembro:
Luns 19 de decembro
Martes 20 de decembro
Mércores 21 de decembro
Xoves 20 de decembro