Suso Lista debulla, ruta a ruta, a historia de Corme

Suso Lista dando unha charla no Camiño dos Faros

7 faros é o nome do novo proxecto de rutas guiadas de Suso Lista. Falamos dun guía de excepción, curtido en mil aventuras arredor dos Petroglifos, do Camiño dos Faros, do mar… O que foi percebeiro, pasou por actor e agora é escritor, é un contador de historias nato, e traslada a súa paixón pola súa terra a través de historias singulares como as dous seus libros.

Suso Lista co Colectivo A RUla nos Petroglifos

En principio está ofrecendo 3-4 rutas gratuitas para que os establecimentos de hostalería llos trasladen aos seus visitantes. A primeira pola súa vila, Corme, cun percorrido polas súas rúas, pola súa historia, con documentación dende 958, pasando pola Casa do Arco, pola Casa de Mourelle, a rúa máis estreita do mundo…

A segunda ruta é arredor dos petroglifos, unha as súas grandes paixóns. Unha visita asequible de 2 horas nos petroglifos da Fieiteira e das Forcadas, ideal para facer de noite, pero tamén posible facela de día.

Tamén ofrece a ruta dos Percebeiros, quen mellor que el para contalo, tanto as súas rochas, o mar, os náufragos, e a explotación actual…

Finalmente ofrece tamén a ruta dos 7 Faros, visitando o histórico do mirador da Gurita, dende onde, no lusco e fusco se pode ver os faros acendidos do Cabo Prior, Prioriño, Torre Hercules, Nariga, Sisargas, Roncudo e Insua, pasando ademais por Candelagho e o Pozo da Laghoa.

Suso ofrece así un servizo carente na comarca, que precisa desta clase de oferta para os nosos visitantes, que de seguro que agradecen a súa sabedoría como se merece.

Poden contactar con el nas páxinas 7Faros de Instagram ou Facebook ou no 626 315 083.

Artigos de Suso Lista en QPC

Novas sobre Suso Lista