Recunchos da Costa: Os Petróglifos da Fieiteira

Xa o dixo Suso Lista: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”. O polifacético cormelán leva anos percorrendo os seus montes, descubrindo e divulgado os tesouros de arte rupestre.
O promontorio de Corme ten 7 estacións singulares, sendo a da Campaíña, a da Regadiña e a da Fieiteira as máis destacadas. Son considerados ademais “elementos únicos en Galicia” por varias razóns: por estaren situados en zonas altas ou cimas de outeiros, e porque “en Corme hai un caso único en Galicia dunha representación antropomórfica en falso relevo”, segundo recoñecían Patricia Mañana e Manuel Santos nun estudo que definen a zona como “unha serie de estacións de arte rupestre excepcionais e cunha cronoloxía controvertida”.

Hoxe percorremos o Promotorio para coñecer de preto a Fieiteira. A presencia sonora dos xigantes eólicos zumbando continuamente fai bastante incómoda a camiñada, pero os fermosos camiños entre eucaliptos e piñeiros fan agradable a ruta.
Chegados ao outeiro do monte, e atopamos a estación da Fieiteira, o conxunto máis complexo e relevante de todo Ponteceso, que conta ademais cunhas espectaculares vistas da ría de Corme e Laxe. En apenas 50 metros cadrados podemos disfrutar de ata 15 paneis, 15 pedras con gravados ao aire libre, nunhas rochas ademais esculpidas polo vento.


As 15 laxas ten óvalos, cazos, círculos, zonas reticuladas, ferraduras, círculos simples, “vermiformes”… “A tipoloxía dos gravados non son nada habituais”, recoñece o colectivo A Rulta.
O propio Lista lamenta o abandono municipal destes espazos singulares, e valora que son entidades como Colectivo A Rula, a Fundación Eduardo Pondal ou a Asociación Insua de Viastelas as únicas que pelexan polo coidado deste patrimonio infinito.
Ruta
Tendes en Wikiloc varias rutas para percorrer os petroglifos cormeláns. Tamén podedes seguir os consellos do Colectivo A Rula, que coñece ben a zona.
Como chegar
Novas relacionadas
- 2019: Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- 2016: “Corme debe estar cheo de Petroglifos”.
MÁIS RECUNCHOS DA COSTA
- A Torre do Faro de Brantuas.
- A aldea medieval de Riobó.
- Cabo C ou Cabo Cee
- A Fervenza de Castriz.
- A praia de Niñóns.
- Praia de Gures.
- Os Secadoiros de Congro de Muxía.
- Praia de Arnado.
- A ruta dos Muíños do Río Negro.
- Praia de Soesto.
- Praia de Beo.
- O miradoiro do Monte Perrol e a súa mámoa.
- A Ponte de Brandomil.
- Praia de Rebordelo.
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.