Martes. 16.04.2024
El tiempo

Suso Lista sacou a navalla suiza na casa

Suso Lista coa navalla suiza que lle regalou o alcalde de Xenebra-Foto-Carla Subirana
Suso Lista coa navalla suiza que lle regalou o alcalde de Xenebra-Foto-Carla Subirana
Suso Lista sacou a navalla suiza na casa

Por fin. Suso Lista sacou a súa nova novela, ”Como a roda no Muíño”, a relocer diante dos seus. A Praza da Ribeira de Corme foise enchendo (sempre coas medidas anti covid) para escoitar a un Suso que estaba na súa salsa. Escoltado polo editor Miguel Toval e o asesor lingüística Xosé Manuel Varela Varela, Suso puido coloquiar cara a cara coa súa veciñanza.

Ademais, o día soleado e abrigoso prestaba de vez para a presentación do libro, e puideron comprobar que moitas veciñas xa o tiñan, e mesmo tivo que asinar unha morea deles.

Estivo presente o mesmo alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz, un cormelán de pro, que lle regalou unha navalla suíza e que lle vai propoñer ao concello de Delemont realizar unha presentación da novela alí pola publicidade que lle está facendo, xa que é unha das protagonistas da novela.

Suso Lista e Alfredo Cruz en Corme-Carla Subirana
Momento no que o alcalde de Xenebra lle fai entrega dunha navalla suiza a Suso Lista.Foto-Carla Subirana

Miguel Toval calificou a “novela de punki pola súa crítica social”. E pola súa parte, Varela Varela definiuna como “unha novela coral organizada a modo de relatos enfiados por un personaxe, Ulises, que encontra na Fin do Camiño as raíces da súa identidade”.

Outro triunfo de Suso Lista na súa propia casa, facendo valer a tradición de presentar todos os seus libros en Corme.

Presentando o libro de Suso Lista
Xosé Manuel Varela, Suso Lista e Miguel Toval

A praza da Ribeira Presentando o libro de Suso Lista

Novas sobre Suso Lista

Comentarios