Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Teatro e Contacontos para outono pontecesán

Ciclo de teatro-Ponteceso 2022
Teatro e Contacontos para outono pontecesán

Este sábado 5 de novembro arrinca o XXIX Ciclo de Teatro en Ponteceso. O salón de actos do Edificio das Escolas acollerá ás 22:30 de cada sábado unha obra de teatro diferente. A primeira cita será co espectáculo da Laberca Teatro, “De algo hai que morrer”. A semana seguinte tocaralle a Culturactiva SCG, que interpretará “Conexión Pingüin”.

O sábado 19 de novembro será a quenda de Matrioshka Teatro coa súa obra “Comando Comadres” e, por último, o 26 de novembro pechará o Ciclo A Panadaría SCG co espectáculo “As que limpan”.

O aforo é limitado e as entradas poden reservarse no departamento de Cultura, na mesa semana da obra ou unha hora antes da función.

Contacontos

2504-f-CONTACONTOS INFANTIL TRINKE TRINKE

Ademais, a Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá o 25 de novembro e o 9 de decembro, a representación dos contacontos “O Cole de Lonxe de Todo” e “ Rato Canguro”, da compañía Trinke Trinke.
Unha actividade, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, con aforo limitado e entrada de balde, para a que é preciso reservar praza chamando ao teléfono 659 431 242.

Comentarios