A Tenda dos Libros acolle a presentación dun novo libro sobre Pondal

11:06 28/02/25
Hoxe, venres, 28 de febreiro, ás 20:00 h., terá lugar na Librería A Tenda dos Libros de Ponteceso, a presentación do libro, publicado por Edicións Espiral Maior, “Dun poema as ardentes estrofas. Visións arredor da obra de Eduardo Pondal”, unha obra colectiva na que participan 8 escritores e especialistas na obra do poeta bergantiñán.
No acto, organizado conxuntamente pola asociación cultural Ponteceso Cultura Permanente e a casa editora, participarán tres dos autores da obra: a profesora Paula Cousillas; o escritor Xosé Antonio Andrade e o profesor e filósofo Luís G. Soto, que estarán acompañados pola presidenta de Ponteceso Cultura Permanente, Julia Ures, e polo director de Edicións Espiral Maior Miguel Anxo Fernán Vello.