"Travesía": Unha "ducia pesca" de relatos de Suso Lista para pechar o ciclo dos elementos

Está para saír da man da Edición Embora o novo libriño de “relatos moi cortos” de Suso Lista. O polifacético autor cormelán rescata a súa vea máis mariñeira (como lembramos con cariño aquela serie ”Para mariñeiros nós”) en “Travesía”.

O libro recolle “unha ducia pesca, é dicir, 13 relatos”, (pezas do cerco como sardiña, xurelo... sempre se vendían en 12 pezas máis unha) para “contar o noso mundo, o mundo da Costa da Morte, que é un mundo mundial”, cóntanos. “Uns máis de meditar e outros de risa”, pero de seguro que todos teñen a súa “enjundia”, que dirían Pinto e Coviñas.

O libro vén a completar o ciclo de elementos que abriu con Salseiros (2014) (auga), e seguiu con Xeixos (2015) (terra) e Charamuscas (2017) (lume). “Travesía é o peor vento que hai ademais, o nor-noroeste”, explica.

OUTROS ARTIGOS DE SUSO LISTA

Novas sobre Suso Lista