Descubrindo petróglifos con Suso Lista
Poucos mellor que Suso Lista para contar as maraabillas do seu Corme natal. A través da Asociación Insua de Viastela, e da man da súa marca 7Faros está ofrecendo unha serie visitas guiadas gratuitas (si acepta a vontade de quen queira colaborar cun donativo) de 4 rutas singulares que nacen da Fonte do Campo: un paseo histórico por Corme (el é un amante da historia e natural de Corme); unha escapada nocturna aos petroglifos da vila (é descubridor de moitos dos petroglifos hoxe catalogados, unha saída ao Mirador da Ghurita a ver os 7 faros, e un solpor polo Roncudo contando a historia do percebe (é percebeiro).
Montamos no vagón dos petroglifos un xoves de agosto, cun diverso grupo que ademais dunha familia da Mata, leva unha veciña de toda a vida que quere o patrimonio da súa vila, unha parella de veciños da comarca, 4 indonesios que traballan no mar e viven na vila dende hai tempo, e unha familia de vascos que pasan os verán no lugar.
Antes de saír da vila, paramos na rúa máis estreita do mundo, un dos puntos singulares da ruta do Corme histórico. Saíndo xa da vila paramos nos petroglifos da Regadiña, un dos amosados polo propio Suso coa colaboración do Colectivo A Rula. Ao carón dunha placa informativa aboslutamente esfolada, podemos ver, aínda coa luz do día, varias cruces inscritas en círculos, no que apenas é un aperitivo do que vén.
Seguimos andando cara o cumio, e de camiño, facemos parada nun curioso gravado do século XIX, dun burro que agocha unha historia familiar moi especial, que o propio Suso axudou a compoñer.
Continuamos a subida, xa de noite pechada, cara os Petroglifos da Fieiteira. Primeiro ofrece unha explicación da situación de dominancia territorial que ofrece o outeiro ofrecendo unha panorámica da ría de Corme e Laxe, coa vila veciña de fronte, e cun ceo absolutamente espectacular (non cazamos a noite na que ademais de petrogilfos tamén disfrutaron da chuvia das bágoas de San Lorenzo).
E comeza o espectáculo. Armado con apenas unha linterniña, comeza a desglosar os tesouros do conxunto máis complexo e máis relevante do Concello, e como definen na Rula, “maior concentración de gravados localizados ata agora na Costa da Morte”. Ata 15 paneis cubertos de debuxos de todo tipo: “ruces inscritas en círculos, escaleiriformes, ferraduras, círculos simples, “vermiformes” (óvalos alongados e divididos por liñas transversais), reticulados, etc.”.
Unha verdadeira marabilla que deixa a vascos, bergantiñáns e indonesios coa boca aberta.
Quedan aínda un par de saídas previstas para este mes, con saídas na Fonte do Campo:
- Vernes 18 ás 12:00h Paseo Histórico por Corme.
- Sábado 19 ás 21:30h aos petroglifos
- Martes 22 ás 20:00h ao Mirador da Ghurita.
- Mércores 23 ás 21:00h ao solpor do Roncudo.
Poden contactar con el nas páxinas ”7Faros turismo en Instagram ou 7Faros en Facebook ou no 626 315 083.
Máis info
- Recunchos da Costa: Os Petróglifos da Fieiteira.
- Recunchos da Costa: Os Petroglifos de Corme.
- A historia familiar do gravado dun burro nunha rocha do Roncudo.
ARTIGOS DE SUSO LISTA EN QPC
Novas sobre Suso Lista
- 2023: Suso Lista debulla, ruta a ruta, a historia de Corme.
- Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- Suso Lista presentou a súa “ghamberra” novela no FNAC da Coruña.
- Abril 21: Suso Lista sacou a navalla suiza na casa.
- Decembro 2020: Suso Lista presenta "Como a roda no muíño": "É unha novela bastante ghamberra”.
- 2019: Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- 2017: Suso Lista completa a súa triloxía de relatos con Charamuscas.
- A arte efímera de Suso Lista na area do Osmo.
- Xuño 2015: Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias.
- Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros.
- Dous Susos, dous libros.
- Maio 2014: Suso Lista presenta na casa o seu libro Salseiros.