Martes. 25.06.2024
El tiempo

Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias

Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias
Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias Tremendamente contento temos ao bo de Suso Lista. O multidisciplinar cormelán (de mercante, pasou a percebeiro, de percebeiro a actor e guionista e agora pégalle ás letras coma ninguén) vén de recibir un agradable premio, un terceiro posto moi doce no marco dos Premios aos Mellores do ano 2014 de Fervenzas Literarias. A web de literatura galega fixo públicos esta mañá os premiados desta 8 edición. Uns premios que son votados polos seus lectores, e que tiveron a ben destacar o bo facer de algún costeiro. Como dicimos, Suso Lista foi un deles, recibindo nada menos que o 3º Premio como Mellor Autor 2014, só por detrás de Agustín Fernández Paz ou Ledicia Costas. Ademais, "Salseiros" tamén quedou 3° en Narrativa e a súa a portada foi escollida como a 4ª mellor portada de adultos do ano. Un libro, que xa percorreu medio país, cheo de historias salgadas, nas que Corme, e o seu imaxinario, son os grandes protagonistas. Presentacion do Libro Salseiros de Suso Lista-Foto-Miguel Anxo Calvo

Máis premios costeiros

Houbo algún outro premio con acento costeiro, fisterrán máis ben. Falamos do 5º posto á Mellor libraría, que leva a Libraría Á Lus do candil, que rexenta en Arteixo o poeta da vila do Cristo, Modesto Fraga. Temos tamén, como non podía ser doutro xeito, premios en categoría de literatura infantil, na que a Costa da Morte é unha prolífica creadora. "Porque Cuqui non quere ir á lavadora", de María Lado e con ilustracións de Yanina Torres foi escollido como o 5º mellor libro do ano, por diante do "O grilo Míllelo", de Xosé Manuel Varela. Tamén teñen premios para as cousas negativas na categoría Peor acontecido no 2014. Unha dubidosa honra que leva a Xunta pola súa política lingüística e cultural.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Novas literarias

Fonte

Comentarios