Suso Lista sacou a navalla suiza na casa
Por fin. Suso Lista sacou a súa nova novela, ”Como a roda no Muíño”, a relocer diante dos seus. A Praza da Ribeira de Corme foise enchendo (sempre coas medidas anti covid) para escoitar a un Suso que estaba na súa salsa. Escoltado polo editor Miguel Toval e o asesor lingüística Xosé Manuel Varela Varela, Suso puido coloquiar cara a cara coa súa veciñanza.
Ademais, o día soleado e abrigoso prestaba de vez para a presentación do libro, e puideron comprobar que moitas veciñas xa o tiñan, e mesmo tivo que asinar unha morea deles.
Estivo presente o mesmo alcalde de Xenebra, Alfonso Gómez Cruz, un cormelán de pro, que lle regalou unha navalla suíza e que lle vai propoñer ao concello de Delemont realizar unha presentación da novela alí pola publicidade que lle está facendo, xa que é unha das protagonistas da novela.
Momento no que o alcalde de Xenebra lle fai entrega dunha navalla suiza a Suso Lista.Foto-Carla Subirana
Miguel Toval calificou a “novela de punki pola súa crítica social”. E pola súa parte, Varela Varela definiuna como “unha novela coral organizada a modo de relatos enfiados por un personaxe, Ulises, que encontra na Fin do Camiño as raíces da súa identidade”.
Outro triunfo de Suso Lista na súa propia casa, facendo valer a tradición de presentar todos os seus libros en Corme.
Xosé Manuel Varela, Suso Lista e Miguel Toval
Novas sobre Suso Lista
- Decembro 2020: Suso Lista presenta "Como a roda no muíño": "É unha novela bastante ghamberra”.
- 2019: Suso Lista atopa novos petroglifos: “Corme é o puto centro dos petroglifos oceánicos”.
- 2017: Suso Lista completa a súa triloxía de relatos con Charamuscas.
- A arte efímera de Suso Lista na area do Osmo.
- Xuño 2015: Suso Lista publica o seu segundo libro, Xeixos, con sabor ao mar salgado de Corme.
- Suso Lista, terceiro Mellor Autor do Ano para a revista Fervenzas Literarias.
- Suso Lista e Suso Bahamonde seguen expandindo os seus libros.
- Dous Susos, dous libros.
- Maio 2014: Suso Lista presenta na casa o seu libro Salseiros.