mércores. 30.04.2025
El tiempo

O TSXG ratifica a inhabilitación de 8 anos e medio ao exalcalde de Ponteceso por prevaricación administrativa

Fondo Aguiar á dereita don Diego
O TSXG ratifica a inhabilitación de 8 anos e medio ao exalcalde de Ponteceso por prevaricación administrativa

En xaneiro era a Audiencia Provincial da Coruña a emitía unha sentenza de condena de 8 anos e medio de inhabilitación a Fondo Aguiar, os exalcalde popular de Ponteceso entre 1993 e 2015, por prevaricación administrativa. Unha sentenza que vén de ratificar hoxe Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). O alto tribunal galego rexeitou o recurso de apelación interposto polo procesado contra a resolución de primeira instancia que o inhabilitou para emprego ou cargo público e, en particular, relacionado coa función de alcalde, durante oito anos e medio.

Ambos entes consideran probado que durante o seu mandato, en particular, entre os anos 2012 e 2015, o Concello de Ponteceso “se vía obrigado de maneira permanente a axustar a súa dotación orzamentaria tendo en conta que, aínda cando algún exercicio tiña resultado positivo, era frecuente xerar numerosas obrigas co consecuente prexuízo que iso orixinaba para as arcas municipais ao carecer de crédito adecuado, dispoñible e en contía suficiente”.

A execución de determinadas obras, se adxudicou, “co coñecemento e consentimento do acusado, na súa condición de alcalde, á unha empresa, incumprindo a normativa de contratación, ao prescindir total e absolutamente de procedemento algún a tal fin e a propósito da súa ilegalidade ante os repetidos reparos feitos pola interventora municipal”. Na resolución de primeira instancia especifícase que non consta acreditada a existencia de sobrecustos nesas facturas.

“Non é que se incumprise o procedemento, é que non existiu, por iso é inocuo soster que na sentenza non se di que tramites se omitiron porque precisamente non existiu ningún con adecuada consideración procedemental, tendo en conta que as decisións sen reflexo no correspondente expediente non teñen aquela valoración”, salienta o TSXG na sentenza. Ademais, sobre a proba da existencia dos expedientes administrativos, sinala que “os informes técnicos non determinan a súa existencia”.

Novas relacionadas

Comentarios