Últimos días para inscribirse nas Xornadas de Voluntariado Ambiental de Ponteceso
08:03 11/09/17
O martes 12 remata o prazo de inscripción as novas xornadas de voluntariado ambiental que organiza o Colectivo As Píllaras das Dunas en Ponteceso. Aínda quedan prazas para participar nestas xornadas que terán como obxectivo principal a erradicación, a man, da unlla de gato (“Carpobrotus edulis”), unha especie invasora tremendamente agresiva que non para de medrar na nosa bisbarra.
Pero son moitas máis as actividades que farán durante a semana entre o 18 e o 25 de setembro. Por exemplo:
- Visita dos amigos de Senda Nova, que nos falaran do seu traballo coa pillara en Baldaio
- Unha batnight, onde estudarán e modestrarán morcegos
- Xornada do Proxecto Ríos no Refuxio de Verdes
- Roteiro arqueolóxico por Cabana de Bergantiños
-Percorrido interpretativo polo Camiño dos Faros
- Actividades deportivas na praia
Dentro de uns dias abrirán o prazo para todos aqueles que queiran participar nunha única xornada, sen límite de idade.
Poden inscribirse nos 659 596 145 / 662 275 929 ou en aspillarasdasdunas@hotmail.com.
Novas relacionadas
- Xullo 2017: 17 voluntarios de ADEGA eliminaron as chumbeiras e outras invasoras da praia e da Lagoa de Louro.
- Setembro 2016: Os Voluntarios do Monte Branco retiran 7 toneladas da invasora unlla de gato de Valarés.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).