Un novo curso na Escola de Danza de Ponteceso para toda a Costa



Un ano máis, a Escola Municipal de Danza en Ponteceso ponse en marcha. Unha Escola pioneira que nací no ano 2011 coa colaboración do Centro Coreográfico Galego. Ademais, conta cunhas instalacións adecuadas para impartir a danza clásica no Edificio das Escolas en Ponteceso, fronte ao IES Ponteceso.
Así, está aberto o prazo de inscricións a todas as persoas interesadas de 6 a 16 anos. Nestes intres conta con alumnos de toda a Costa da Morte dende Malpica a Cee, xa que é a única escola de danza clásica que conta con profesores do CCG.
Para inscricións deben porse en contacto co Concello de Ponteceso, Departamento de Cultura 981 714 000 ext.18. dende o 7 ao 10 de outubro.
Actividades para adultos
Hoxe o Concello abre o prazo de inscrición para as actividades de adultos. Ata o 10 de outubro.
Teñen máis información en ponteceso.net.
Novas relacionadas
- A Danza invade a Costa dende Ponteceso.
- Outubro 2011: Abre a Escola de Danza en Ponteceso para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).