Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unindo aos tres protagonistas do Rexurdimento literario galego polo centenario do pasamento de Pondal

Unindo aos tres protagonistas do Rexurdimento literario galego polo centenario do pasamento de Pondal
Emotiva ofrenda floral polo centenario do pasamento de Eduardo Pondal Emotiva ofrenda floral polo centenario do pasamento de Eduardo Pondal

Continúa en marcha o programa dos 100 actos para conmemorar o centenario do pasamento de Eduardo Pondal. A Fundación pontecesá celebraba esta fin de semana un simbólico acto, cheo de altos cargos político, que simbolizou o fío que une os tres protagonistas principais do Rexurdimento literario do século XIX: Pondal, Rosalía e Curros.

Foi precisamente esa vinculación entre estres tres precursores que abriron camiños novos para a cultura galega, a que protagonizou un acto que arrincaba cunha misa na igrexa de San Tirso de Cospindo. De seguido, tocaba ofrenda floral diante do monólito conmemorativo do nacemento do bardo, acompañada da danza de paus. E inevitablemente a continuación, a Banda de Gaitas Inllar interpretou o Himno do Antigo Reino de Galicia, mentres a comitiva coas autoridades á cabeza avanzaba cara á sede da fundación.

Xa no salón principal da FEP, houbo unha representación na que estaban os tres escritores, e no que a alumna Alba Costa e o acordeonista Francisco Costa interpretan o poema "Ponteceso”. Para rematar, nova e emotiva interpretación do himno galego a cargo da coral A Oliveira.

Durante a visita, as numerosas autoridades puideron comprobar a cantidade e calidade de actividades da FEP.
Ademais, lembraron que a Xunta en colaboración coas Fundacións Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríguez, está a impulsar un itinerario literario do Rexurdimento galego que conecte as figuras de Eduardo Pondal, Rosalía de Castro e Curros Enríquez, os principais autores deste movemento cultural, político e literario que se inaugurou coa publicación, en 1863, de “Cantares Gallegos”.

Centenario do pasamento de Pondal na Fundacion Eduardo PondalCentenario do pasamento de Pondal na Fundacion Eduardo Pondal Imaxe do acto no salón da Fundación Eduardo Pondal Novas relacionadas Fonte

Comentarios