Martes. 02.06.2020
El tiempo

Convocan unha reunión veciñal en Corme ante a aprobación da DIA do Parque Eólico das Salgueiras

Convocan unha reunión veciñal en Corme ante a aprobación da DIA do Parque Eólico das Salgueiras

Segue a veciñanza de Corme preocupada por temas eólicos. Desta volta, é o novo Parque Eólico das Salgueiras o que ameaza zonas de alto valor paisaxístico, patrimonial, cultural e ambiental, como o praia de Valarés, o esteiro do rio Anllons, e os lugares de Guxin, Gondomil ou Corme Aldea. Unha zona que verá modificada radicalmente a súa paisaxe.

O pasado 27 de febreiro a Xunta publicaba a aprobacion da Declaracion de Impacto Ambiental do parque eólico das Salgueiras, promovido por Norvento S. L.

Ante esta nova, veciñas da zona, preocupadas polas consecuencias que un proxecto asi poderia ter, formulánse que accions poñer en marcha para poñerlle freo. Para compartir sobre todo esto, propoñen un encontro o proximo venres dia 6 as 19.00h no local veciñal de Corme Aldea.

Novas relacionadas co Parque Eólico de Corme

comentarios