Luns. 06.07.2020
El tiempo

A veciñanza organízase para presentar alegacións ao Proxecto Eólico das Salgueiras

Zona de Corme afectada polo Parque Eolico das Salgueiras-Foto-Elsemiguel
Zona de Corme afectada polo Parque Eolico das Salgueiras-Foto-Elsemiguel
A veciñanza organízase para presentar alegacións ao Proxecto Eólico das Salgueiras

A implantación dos parques eólicos non parece que vaia parar polo coronavirus. E iso téñeno claro os veciños de Corme Aldea, que continúan organizándose para poder preservar o Monte Blanco e o Esteiro do Anllóns. A posible implantación do proxecto eólico Salgueiras, promovido por Norvento S.L. ameaza a zona dun grave, segundo a súa visión.

Denuncian que o parque eólico, que linda con zonas de especial conservación a nivel meidoambiental e paisaxístico como son a Zona de Especial Conservación (ZEC), Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA), provocará unha afectación directa a entidades de poboación como Guxín, Gondomil, Froxán, Corme Aldea, a aldea de O Couto ou Corme Porto ou aquelas que se atopan ubicadas na Ría de Corme – Laxe.

De aí que comecen cunha serie de “accións encamiñadas a paralizar este proxecto”, comezando por conseguir información para a veciñanza, e por “conseguir o máximo de alegacións posibles ao proxecto”, polo que piden que a veciñanza comprometida colaboren presentando alegacións por via telemática na Sede Electrónica da Xunta, ben con certificado dixital, ben coa chave 365. Se tes dificultades para facelo podes poñerte en contacto en correo electrónico [email protected]

Unhas alegacións que comezan pola Declaración de Impacto Medioambiental publicada no DOG do pasado 27 de febreiro, e que consideran “obsoleta lexislativamente”, por ser recollida de 2016 e non incluír os novos cambios normativos destes últimos 4 anos, como a Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade de Galicia (2019) ou o Decreto polo que se aproba o Catálogo das Paisaxes de Galicia (en vixencia dende o 26 de agosto de 2016).

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

comentarios