Venres. 19.04.2024
El tiempo

Vimianzo e Ponteceso achegaron a 50 veciños á Senda do Cares e Covadonga

Vimianzo e Ponteceso achegaron a 50 veciños á Senda do Cares e Covadonga
Grupo en Covadonga

Segue convertíndose o sendeirismo nun referente para os veciños, dentro e fóra da bisbarra. Se temos trasn@s por todas partes, esta pasada fin de semana tocaba saír da bisbarra. Os concellos de Ponteceso e Vimianzo organizaron unha actividade conxunta de sendeirismo. Nesta ocasión o obxectivo era coñecer unha das rutas máis famosas e espectaculares de España, a Senda do Cares. Tamén coñecida co nome de Garganta do Cares ou Garganta Divina, esta ruta foi tallada literalmente nas rochas da montaña nun percorrido de 12 quilómetros que une os pobos de Poncebos (Asturias) e Caín (León).

Participaron na actividade un total de 48 persoas, a maior parte deles pertencentes ós concellos de Ponteceso e Vimianzo, aínda que tamén había sendeiristas doutras localidades coma Baiona, Vigo, Coruña, Teo ou Santiago.

O sábado chegaron a Poncebos sobre as 12:30 da mañá e iniciarion a andaina ó redor das 12:45. En menos de tres horas os primeiros sendeiristas chegaban a Caín despois de percorrer os impresionantes desfiladeiros sobre o río Cares. Despois de repoñer forzas fixeron o camiño de volta para regresar a Poncebos, tendo así a oportunidade de volver a desfrutar do espectacular paisaxe desta ruta. Despois subiron a un pequeno e bonito pobo no alto das montañas de Cabrales, Sotres, onde cearon e pasaron a noite.

Grupo de sendeiristas de Vimianzo e Ponteceso en Sotres

O domingo, despois de almorzar, tiveron tempo para visitar o Santuario de Covadonga. Aquí houbo un pouco de liberdade ós sendeiristas. Así algúns foron visitar o santuario, outros subiron aos Lagos e os que aínda tiñan forzas e gañas para camiñar decidimos facer unha ruta de 10 quilómetros que parte dende o pe do Santuario , a ruta de Orandi. Se a ruta do Cares foi espectacular, esta non tiña nada que desmerecer.

Afortunadamente, nesta ocasión, as condicións meteorolóxicas foron ideais para camiñar, polo que puideron desfrutar dun marabilloso fin de semana en contacto coa natureza.

E non podemos olvidarnos de Víctor e Javier, os grandes culpables destas actividades:

Panoramica da Ruta do Cares Vimianceses e pontecesans polo Cares Costeiros por Orandi Natureza salvaxe en Orandi

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Concello de Vimianzo e Ponteceso. Fotos de Víctor Santos.

Comentarios