domingo. 11.05.2025
El tiempo

Vimianzo e Ponteceso preparan unha andaina aos Picos de Europa

Vimianzo e Ponteceso preparan unha andaina aos Picos de Europa
Ruta do Cares dende Vimianzo e Ponteceso

Boa proposta común entre os concellos de Vimianzo e Ponteceso, que recuperan un programa de Andainas que funcionou de marabilla o ano pasado. Os departamentos de deportes municipais están organizando unha andaina pola Ruta do Cares en Asturias, unha desas visitas que deixa pegada nas nosa retinas.

A Andaina realizarase o domingo pola mañá, e será de 24km, pasando pola chamada Garganta Divina, unha ruta tallada nas rochas da montaña, que transocrre por un desfiladeiro enriba do río Cares.

Máis información e inscrición

As persoas participantes desprazaranse a Asturias o día 18 e regresarán o día 19 de outubro. O prezo é de 40€ e inclúe os desprazamentos, as visitas guiadas, o aloxamento e as ceas do sábado e o almorzo e o xantar do domingo. O prazo para anotarse remata o día 8 de outubro.

A actividade realizarase sempre que haxa 40 persoas anotadas. Para anotarse poden dirixirse por correo electrónico a deportes@vimianzo.es ou turismoponteceso@ponteceso.net ou no teléfono 981716001.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios