Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha vintena de centros de ensino participan nas Xornadas sobre o bosque da Fundación Eduardo Pondal

Rumorosos na FEP Pondal

Esta semana arrinca na aldea do Couto, da man da Fundación Eduardo pondal, un novo programa que espalla a importancia da nosa natureza. “Que din os rumorosos” son unhas Xornadas de concienciación sobre o bosque e a silvicultura enfocado á comunidade educativa. Ao longo da semana unha vintena de centros aprenderñan a xerar savia nova en clave de muller.

Os centros participantes son: A Rabadeira, A Feiranova, Xaviña, Oca, San Cristovo, Lañas, O Busto, Neaño, Tella, Tallo, Barizo, Mens, Brántuas, Xornes, Pazos, Castromil, Carnés, Carantoña, Traba, Camelle, A Torre, A Pereiriña e Brens.

Hoxe luns 25 4 centros de Coristanco participan nun Obradoiro de Xestión Forestal con David Ballesteros, escoitarán os contos de Anxo Moure, xogarán coa Cooperativa Miudiño, falarán con Ceo Aberto da xestión forestal, e rematarán cantando ás árbores con Irma Macías.

Comentarios