Xogos e deportes tradicionais recollidos en azulexo
Singular a exposición que vén de inaugurar o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Da man da Obra Social e Cultural de Subministros LAR-Cee, estrearon esta fin de semana unha exposición ao aire libre "Xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo”. O campo exterior de xogos do Centro Cultural acolle esta singuar exposición, que se poderá visitar ata o 3 de outubro.
Todas as persoas que se acheguen ata o Centro Cultural de Ponteceso terán a oportunidade de coñecer, a través de murais de azulexos, os xogos e deportes tradicionais. Amais de gozar da mostra, as e os visitantes poderán participar en diversas actividades lúdicas para todas as idades e nun concurso de fotografía da mostra, así como tamén contarán con agasallos para todos os participantes.