Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Xunta asegura que "Ponteceso non terá un centro de día porque o alcalde non se presentou á convocatoria de axudas"

Martin Seco e Fabiola Garcia no Parlamento
Martin Seco e Fabiola Garcia no Parlamento
A Xunta asegura que "Ponteceso non terá un centro de día porque o alcalde non se presentou á convocatoria de axudas"

A crise demográfica da Costa da Morte represéntase moi ben na cifra de maiores de Ponteceso: 1.700 maiores de 67 anos, o 32%. Unha situación semellante á dos concellos da comarca de Bergantiños, onde só Cabana conta cun Centro de Día público.

Atendendo a estas demandas, preguntaba esta mañá no Pleno do Parlamento Galego o socialista Martín Seco se a Xunta tiña previsto construír un centro de Día no Concello de Ponteceso. Unha infraestrura máis que necesaria, xa rexeiteada en 2018, que o alcalde tratou de reconducir coas promesa de construír un centro de maiores privado.

A realidade é que a día de hoxe apenas hai unha Casa do Maior que atende 5 persoas en horario diurno no Concello de Ponteceso.

Recoñecía esta necesidade a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na resposta ao socialista. Pero despois dun discurso mitineiro sobre a aportación da Xunta para o coidados dos maiores (co financiamento de parte do Servizo de Axuda no Fogar ou o programa Coidados porta a porta), sinalou que a culpa da non construción dese centro é propio alcalde pontecesán Lois Carballido.

”O goberno local non ten moito interese en contruír esa residencia de maiores cando non se presentaron á convocatoria do novo Plan de investimentos que ten en marcha a Xunta para a construción, renovación ou ampliación de equipamentos sociais dirixidos aos maiores e xestionados polos municipios”. “Xa se presentaron preto de 100 alcaldes para poder beneficiarse dunha axuda de ata 1,2 millóns de euros para construíla, e se o alcade non se presenta entendo que non ten interese en facelo”, acusou.

Foi máis alá a Conselleira, e acusou ao Concello de Ponteceso de non executar todas as horas do Servizo de Axuda no Fogar e non atender así a lista de espera.

Comentarios