Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme

A Asociación veciñal tamén presenta unha denuncia contra UDF pola desfeita realizada en varias fincas privadas por unhas obras de retranqueo
Parque-Eolico-de-Corme-Foto-AV
Imaxe do parque eólico vello de Corme
A Xustiza demostra o incumprimento de EDP, e a connivencia da xunta, á hora de medir o ruído dos eólicos de Corme

Novas demandas veciñais que teñen que chegar á Xustiza, e por Corme xa andan casos de tanto lío xudicial tanto coas empresas promotoras dos parques eólicos como as doutras infraestruturas.

Se a pasada semana denunciaban a EDP por invadir irregularmente a estrada municipal coas súas obras, hoxe dan contra doutras dúas denuncias: unha contra a propia EDP en clave de ruídos, e e outra contra UDF tamén por unhas obras “irregulares”.

Ruído

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal amósanos a sentenza recibida sobre as primeiras denuncias presentadas hai xa anos contra o Parque Eólico de Corme por “ruído”. Unha situación tremenda, pois “para vergoña da Xunta queda acreditado que os informes que EDP estivo achegando durante anos cas medicións do nivel de ruido eran non válidos”.

A sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo 4 da Coruña, dá conta de que o incumprimento da normativa é unha “infracción grave” e “reincidente”. A chave é que a medición presentada pola empresa era irregular. O informe de Tragsatec, empresa encargada dos seguimientos ambientais, demostra que “Non se presentan os valores do índice de ruído continuo equivalente corrixido”; “non se xustifica o cumprimento dos limiares lexislados durante os tres periodos temporais definidos na normativa vigente (día, tarde e noite); “non se indica a velocidade nin a dirección do vento durante as tres medicións do nivel de ruído”; “non se presenta un anexo no que se xustifique a adecuación dos métodos de medición e cálculo recolleitos na normativa vixente en materia de ruído; “non se presenta a documentación acreditativa de que a persoa responsable do estudo ou informe realizou un ensaio interlaboratorio, mediante unha entidade acreditada pola ENAC e intercorporación acústica nos índices que correspondan”…

”Tiñan a cara dura de facer durante anos as medicións co parque eólico parado”, denuncia a veciñanza, que considera “o máis triste que a Xunta daba por bos todos os informes presentados ano a ano dende que se puxo o parque eólico en marcha, e tiveron que ser os veciños os denunciasen a situación”. “Non me quero imaxinar o que faran con paxaros e os morcegos”, sinala Antón Saleta.

En todo caso, para a entidade veciñal, “sae barato cometer ilegalidades diante da Xunta”, en relación a que a multa non pasa de 6.000€. Lembran que aínda hai 16 expedientes pendentes de resolución presentados pola veciñanza contra a empresa.

Obras de retranqueo

Así mesmo a entidade tamén vén de denunciar á parte construtora de FENOSA, parte da constructora do parque eólico, por “retranquear as redes de baixa tensión sen autorizacions e sen permiso dos donos das fincas”. “Dende este colectivo veciñal e a vista da total inacción da Xunta acordamos ter un tono sarcástico e ridiculizador, a ver si deste xeito e por vergoña fan algo dende a addministración, cuxa máximo logro e estar sin facer nada e dicir que son problemas dos veciños ca empresa e que se entendan”.

A veciñanza sinala que “estas leiras son afectadas pola servidume dunha liña aérea de baixa tensión que dá fornezo aos nosos humildes fogares na Aldea do Roncudo, e que sen mutuo acordo ou acto de expropiación pretende retranquear, xerando novas afecciones e sen os correspondentes permisos ou autorizacións”.

Nas imaxes vemos os destrozos ocasionados nas fincas.

Desfeita nas obras de retranqueo de UDF En Corme

Novas relacionadas dos Parques Eólicos de Corme

Comentarios