venres. 06.12.2024
El tiempo

Ángel Carracedo, proposto para o Premio Princesa de Asturias

Angel Carracedo Premio Principe Asturias
O Concello de Santa Comba vólcase coa candidatura do xalleiro
Ángel Carracedo, proposto para o Premio Princesa de Asturias

É a figura máis representativa da Medicina forense a nivel mundial”. Por iso non é estrano que a Xunta de Galicia propoña a candidatura de Ángel Carracedo para o Premio Princesa de Asturias. Un anuncio que non pilla de sorpresa ao concello de Santa Comba, onde nacía o científico o 12 de novembro de 1955, que quere amosar o seu apoio total, e que mesmo aprobará en pleno o respado á solicitude.

A proposta da Xunta para a candidatura do xalleiro categoría de Investigación Científica e técnica. está acompañada polo doutor Alec Jeffreys, dando conta dos “descubrimentos acadados por ambos científicos no ámbito da xenética e a Medicina forense, uns avances que contribuíron á estandarización e implantación das probas de ADN forense a nivel mundial e que, a día de hoxe, seguen a axudar á xustiza a resolver un gran número de investigacións”.

O actual presidente da Academia Internacional de Medicina legal estendeu durante os últimos quince anos o seu labor no campo da xenética clínica e medicina xenómica, con contribucións relevantes no coñecemento da causa xenética das enfermidades, promovendo a creación da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que dirixe desde entón, o centro de maior volume de España no diagnóstico de enfermidades xenéticas.

Ademais, o profesor Carracedo tamén creou e dirixe o Centro Nacional de Genotipado, a infraestrutura IMPaCT Xenómica para o desenvolvemento da Medicina personalizada en España e a infraestrutura Innopharma e Fundación Kaertor para o desenvolvemento de fármacos en fase preclínica. Os seus grupos de traballo e investigación son lugares de excelencia onde se forman científicos de todo o mundo e protagonizando moitos dos avances máis importantes no campo da xenética forense.

O seu labor acadou recoñecementos de prestixio como o Premio Galicia de Investigación; Premio Novoa Santos, concedido polos médicos galegos; Medalla Galien, o galardón máis importante en investigación farmacolóxica; Premio Rey Jaime I, concedido por vinte premios Nobel; Medalla de Galicia, Cruz ó Mérito Policial e Doctor Honoris Causa por varias universidades. A maiores publicou máis de 350 artigos sobre medicina xenómica, xenética clínica e xenética forense e de poblacións en publicacións da máxima relevancia como ‘Science’ ou ‘Nature’.

O Concello de Santa Comba entende que “a concesión do Premio Princesa de Asturias 2022 ó catedrático e investigador Ángel Carracedo está totalmente xustificada xa que este xalleiro universal acumula méritos dabondo pola súa sobrada valía demostrada alén das nosas fronteiras”.

Novas relacionadas

Comentarios