Venres. 26.04.2024
El tiempo

Avanza a ampliación do Polígono de Santa Comba

IGVS SANTA COMBA
Avanza a ampliación do Polígono de Santa Comba

A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, mantivo este venres unha reunión co director xeral do Instituto Galego da Vivenda e solo (IGVS), Heriberto García, e a xerente da empresa pública Xestur, María Doporto. Unha cita para pechar os os últimos detalles administrativos necesarios para impulsar a ampliación, en 204.000 metros cadrados formulados en dúas fases, do parque empresarial.

A distribución e o tamaño das parcelas, as conexións exteriores viarias, o saneamento e abastecemento, así como as comunicacións, foron os temas tratados na reunión.

O próximo paso será a licitación por parte de Xestur do contrato para a redacción do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial, e dos proxectos de urbanización, de delimitación de fases e de parcelación. Un proxecto que conta cunha partida nos Orzamentos de 186.000 euros para financiar estes traballos.

Novas relacionadas

Comentarios