Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O BNG de Suiza fai campaña polo si á paga extra aos pensionistas retornados

Xose Regueira e Xesus
Xose Regueira e Xesús Gómez Antelo
O BNG de Suiza fai campaña polo si á paga extra aos pensionistas retornados

Xa nos contaba o alcalde cormelán de Xenebra que o país helvético fai moitas accións de democracia directa mediante iniciativas ou referendos. A próxima votación será o 3 de marzo, e será para aprobar a 13ª paga aos pensionistas, entre os que se atopan os “retornados” a Galicia. O BNG de Suiza pide o “SI” para esta votación, para que os pensionisttas “poidan percibir unha paga extra anual e mellorar así a súa situación económica”.

Visita do BNG

Así mesmo, o grupo do BNG prepara unha visita á exposición “Taxi Compostelle”, que xa coñecemos da man da nosa Alejandra Plaza. Estarán o carballés Xose Regueira, o alcalde cormelán de Xenebra Alfonso Cruz e a eurodeputada Ana Miranda, que farán unha visita pola exposición, na que tamén tocará o grupo galego Galiza Celta de Delémont.

WhatsApp Image 2024-01-19 at 20.17.17

BerXallas

A Plataforma BerXallas denuncia “a inacción pola parte da Xunta de Galicia neste caso de contaminación tan grave do noso litoral. Tanto o Presidente Rueda coma o conselleiro non reaccionaron a tempo diante desta catástrofe e non son capaces de xestionar a situación. A Xunta e o goberno central deben pór os medios suficientes para evitar que acontezan estas catástrofes e no caso de producirse buscar solucións axeitadas para recuperar os espazos afectados”, sinala Xosé Abelenda, portavoz de BerXallas.

Máis novas

Comentarios